Guitiriz ensinará cómo ser eficiente a través da mostra “Un Mundo de Enerxía”

Guitiriz ensinará cómo ser eficiente a través da mostra “Un Mundo de Enerxía”

18 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O IES “Poeta Díaz Castro” de Guitiriz acollerá, desde mañá e ata o vindeiro 30 de maio, a exposición itinerante “Un Mundo de Enerxía”, do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), organismo dependente da Consellería de Economía e Industria. A través desta mostra preténdese mellorar a comprensión sobre a importancia dos recursos enerxéticos e fomentar o coñecemento sobre as fontes de enerx

A exposición emprega distintos medios audiovisuais, que axudan a comprender a complexidade dos procesos e infraestruturas necesarias para levar a cabo actividades tan cotiás como acender unha lámpada ou empregar un vehículo. O obxectivo que se pretende é que o visitante que percorra a exposición poida adquirir uns conceptos básicos sobre a enerxía asimilados e ordenados.

O proceso de xeración dos distintos tipos de enerxías e os efectos da contaminación sobre o planeta son outros dos aspectos recollidos na mostra, que tamén nos achega unhas pautas sinxelas de conduta coas que cada persoa pode contribuír na misión mundial do aforro enerxético.

O fin último que persegue o Instituto Enerxético de Galicia, adscrito á Consellería de dirixe Javier Guerra, é concienciar á cidadanía acerca dun consumo eficiente e responsable e da necesidade de alcanzar un modelo de desenvolvemento sostible, a través do labor colectivo de fomento das enerxías renovables e do aforro enerxético.

Solicitude de préstamo
"Un Mundo de Enerxía" pode ser cedida temporalmente ás entidades, institucións, centros de ensino, etc. que soliciten o seu préstamo. Para este fin os interesados deberán enviar unha petición a inscricions@inega.es.

Sociedade