Guitiriz pon en marcha unha campaña informativa sobre as axudas polo temporal

Guitiriz pon en marcha unha campaña informativa sobre as axudas polo temporal

05 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Concello de Guitiriz está a levar a cabo unha campaña informativa polas parroquias do Municipio sobre as axudas que poden solicitar os veciños para sufragar parte dos danos causados polo temporal.

Nestas visitas, profesionais do Concello explican o procedemento que se debe seguir para solicitar estas axudas. A Casa Consistorial pon ao servizo dos veciños o seus organismos para aqueles que desexen tramitalas, debendo achegarse ao edificio do concello para falar co persoal responsable das axudas.

As charlas terán lugar:

  • 05 de febreiro de 2009:
  • 13:30 h: Santa Cruz (Escola)
  • 16:30 h: Buriz (Casa Rectoral)
  • 18:00 h: Os Vilares (Escola)
  • 06 de febreiro de 2009:
  • 13:30 h: San Salvador (Telecentro)
  • 09 de febreiro de 2009:
  • 13:00 h: Roca (Escola)
  • 16:30 h: Trasparga (local comuneiros)
  • 18:00 h: Pígara (Escola)
  • 10 de febreiro de 2009:
  • 13:00 h: Lagostelle (Casa Habanera)
  • 16:30 h: Mariz (Escola)
  • 18:00 h: As Negradas / Vilar (Escola das Negradas)
  • 11 de febreiro de 2009:
  • 13:30 h: Santa Leocadia (Escola)
  • 16:30 h: Piedrafita (Escola)
  • 18:00 h: Parga (Escola do campo da feira)
  • 12 de febreiro de 2009:
  • 11:30 h: Becín (Escola)
  • 13:00 h: Santa Mariña (Casa Rectoral)
Sociedade