Guntín convídanos a degustar, de balde, o pemento de Mougán

Guntín convídanos a degustar, de balde, o pemento de Mougán

27 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A Carballeira de Meixaboi de Guntín será un ano máis o escenario da Festa do Pemento de Mougán, que chega á súa novena edición mañá sábado. O evento comezará ás doce e media do mediodía coa actuación da Banda Municipal da vila e á unha e media a deputada autonómica Emma Álv

O domingo continuará a festa na propia Carballeira de Meixaboi con diversas actuacións musicais ao longo do día. A Banda Municipal de Silleda será a encargada de inaugurar a xornada ao mediodía.

O alcalde de Guntín, Jesús Carreira, animou en Radiofusión a participar desta festa e destacou as características diferencias do pemento de Mougán, que aínda que moitos o comparan co de Herbón, segundo o rexedor “ten as súas propias características e é moi carnoso”.

Os produtores do pemento de Mougán están a reivindicar nos últimos tempos a Identificación Xeográfica Protexida para o seu produto. A encargada do pregón, a deputada Emma Álvarez Chao, promoveu este ano unha proposición non de lei no Parlamento Galego para reclamar á Comisión Europea o recoñecemento do pemento de Mougán cunha I.X.P. Contou co apoio das tres formacións políticas e aínda que é un proceso lento, segundo Jesús Carreira, “o importante é que xa se deran os primeiros pasos, xa que a consecución da I.X.P. suporía unha maior proxección e prestixio para o produto”.

O rexedor de Guntín asegura que nos últimos anos a produción de pementos de Mougán no municipio incrementouse notablemente xa que supón un complemento para economía das familias.

Cultura