Gus&Friends actua en Casa Ardá

Gus&Friends actua en Casa Ardá

22 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Entre as festas patronais de Santa Olaia, o festival de panxoliñas e a actuación de Gus & Friends en Casa Ardá este venres 26 de novembro, Limodre (Fene A Coruña) énchese de musica antes do Nadal.

A parroquia de Limodre prepara as Festas Patronais en honor a Santa Eulalia que se celebran no mes de decembro. Tres dias de festexos, na fin de seaman dos dias 10, 11 e 12 do mes que ven. Os bailes celébranse no local da asociación veciñal, organizadora das festas. O Trío Harmonía da Coruña actua o primeiro dia, o sabado actuan Os Trasnoitadores do Eume, mentras o coro Bohemios cantará a misa do domingo. As festas patronais complétanse co pasarrúas do grupo de gaitas Retrincos.

A Asociación veciañal de Limodre adianta que a semana seguinte ás festas, o venres 17 de decembro, celebrarán o festival de Panxoliñas dende as 8 da tarde na igrexa parroquial, coa actuación das Corais, Casino de Franza e Agarimo de Sillobre.

Pero antes de todo, xa este venres, dia 26, Limodre acolle a actuación musical dun veciño da parroquia que actualmente reside en Lisboa. Gustavo Bello. Gus & Friends é o grupo que lidera e que por primeira vez se presenta na sua casa, en Casa Ardá, a partir das 11 da noite.

Sociedade