ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Bergondo xa ten todo listo para décima edición do Festival Folk Guísamo que se celebra este sábado. Segundo confesou a rexedora municipal, Alejandra Pérez, nos micrófonos de Radiofusión, a idea é “facer un festival variado con folk galego, estatal e internacional”. Así foi e a partir das dez da noite poderemos gozar no Campo da
Alejandra Pérez recomenda á xente de todas as idades que comecen a xornada comendo no propio Campo da Feira. Despois, a partir das catro da tarde terán lugar as seguintes actividades paralelas. Todas as propostas son gratuítas.
Programa:
Obradoiro da casa sustentable
(para todos os públicos)
Obradoiro da cociña creativa
(para nenos entre 4 e 10 anos, poden ir acompañados por un adulto) Os nenos que queiran participar nesta actividade, deberán facer unha inscrición no stand do Concello, ata cubrir o número máximo de prazas (20).
Materiais para os nenos participantes: Gorriños de cociñeiros, luvas, delantais e Diplomas Acreditativos.
Xogos tradicionais
(para todos os públicos)
Inchables, obradoiros de globofexia, maquillaxe, etc.....
(para nenos)
Xogo "konect4 fútbol"
(para todos os públicos)