Haberá fogos en Meá

Haberá fogos en Meá
16 de Xaneiro, 2026 - 06:52 h. | Publicada por Radio Fene

Festas de San Vicente en Meá. Parece que este año acompañará o tempo. Os membros da comisión Alicia Pena e Juan Castro presentaron o programa de festas en Radio Fene.  

ESCOITA O PODCAST:

“Non temos queixa”, dín os dous membros da comisión de festas de Meá, en Mugardos, que se celebrarán para a vindeira semana. “Este ano haberá fogos de artificio, facíame moita ilusión”, anuncia Alicia. “Cada ano imos metendo algo diferente, sempre dentro da tradición”, engade Juan. O xoves 22, día do patrón, comezarán os festexos con pasarrúas co grupo de gaita Trouleadea a partir das tres e media e dúas horas despois haberá misa solemne. A tradicional festa do criollo será o venres e a partir das dez e media verbena, coa orquestra Origen e o DJ Nacho Redes. O programa para o sábado 24 comeza con pasarrúas ás 11.30 pasarrúas. Desoois haberá churrascada e sesión vermú co dúo Veneguay. Pola tarde, misa na honra de San Roque e á noite verbena con Veneguay e o grupo La Bamba. Este ano hai bo prognóstico do tempo para eses dias. Alicia Pena e Juan Castro lembran que o ano pasado houbo alerta de temporal e ata o último momento non souberon se podian facer a festa. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora