ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Haberá que pagar polos certificados de matrimonio, extranxería e máis pola “Fé de vida”. Este último documento teñenno que solicitar todos os anos, as viuvas dos traballadores de Astano, por exemplo. Ademais para esas certificacións e para os de nacemento e defunción, haberá que desprazarse ata o Rexistrador da Propiedade de Pontedeume. As medidas entrarán en vigor o quince de xullo, segundo o xuiz de paz de Fene Manuel Vigo.
Vigo manifestou a súa disconformidade con este traslado, indicando que os Rexistros civís funcionan ben na actualidade. O Estado investiu na súa informatización e na actualidade teñen escaneados todos os datos posteriores a 1950.
O Rexistro Civil encárgase de inscribir nos libros todos os actos da persoa ao longo da súa vida. Nacemento, matrimonio, divorcio, defunción e cambios de nacionalidade. Agora o Rexistro civil trasladaráse do Xulgado de Paz de Fene para o Rexistrador da Propiedade de Pontedeume. Tamén cambiaránse as vodas, que agora pasarán a realizalas os notarios cobrando unha tarifa estimada en trescentos euros, cando agora é un servizo que se presta de xeito gratuito.