Hai acordo

Os portavoces municipais de Fene chegaron a acordo na organización municipal
09 de Xullo, 2019 - 12:21 h. | Publicada por Radio Fene

O xoves 11 de xullo reunirase de novo o pleno para zanxar o organigrama municipal do novo mandato. O Pleno convocouse ás 14,30 horas.

ESCOITA O PODCAST:

Houbo acordo. Os grupos politicos con representación municipal de Fene reúníronse esta mañá para ver de establecer as bases de funcionamento dos órganos municipais, unha vez que non foron adiante as propostas da alcaldía no pleno celebrado onte. Empezamos polas comisións. Finalmente acordouse formar catro grandes comisións e non reducilas a tres como propoñía o grupo de goberno. Dúas reuniranse os luns pola mañá e dúas o martes pola tarde, conciliando así a actividade politica dos concelleiros e concelleiras coa súa vida laboral. Celebraranse o luns e martes anterior ao pleno ordinario, que seguirá convocándose os primeiros xoves de mes.

Outro aspecto no que tamén hai acordo é nas percepcións dos edís pola asistencia ás comisións. Volvese ás cantidades que había no anterior mandato coa subida do IPC (suporá uns 40 euros). Na dedicación exclusiva do alcalde xa se estaba dacordo e agora tamén na dedicación parcial que disfrutará un concelleiro ou concelleira do grupo de goberno. Será unha dedicación parcial do 75% pero supoñendo tamém o 75% de percepción económica.

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, declarou que todas estas decisións someteranse a aprobación nun pleno que se celebrará o xoves 11 de xullo, ás 14,30 horas.

Institucional

Publica o teu comentario agora