Hai carga de traballo en Noa madeira creativa

Hai carga de traballo en Noa madeira creativa
18 de Maio, 2020 - 02:01 h. | Publicada por Radio Fene

Trinta traballadores da sección de metal de Noa madeira creativa recolleron esta mañá a notificación de permiso retribuido. Os empregados concentraronse cunha pancarta de protesta diante da firma no polígono de Vilar do Colo en Fene. Para a CIG, o posicionamento da empresa é gravisimo.

ESCOITA O PODCAST:
Noa madeira creativa

O comité de empresa de Noa madeira creativa afirma non comprender o permiso, cando está en marcha o proceso de despido e regulación de emprego nunha firma que alega dificultades económicas. Terán agora a trinta persoas na casa cobrando e sen traballar, indican os representantes dos traballadores. Hai carga de traballo para a sección de Metal de Noa madeira creativa, afirman os empregados: "Utilizan a situación de pandemia do COVID para levar adiante o que pretende o grupo Malasa desde que adquiriu Noa". Mañá martes, nova reunión negociadora no periodo de consultas do despido e regulación de emprego dos traballadores de Noa Madeira creativa.

Sociedade

Publica o teu comentario agora