ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Está detido e hai indicios racionais para determinar que poida ter unha eventual responsabilidade no que sucedeu" afirmou esta mañá en Santiago de Compostela o ministro do Interior Jorge Fernández, aludindo ao maquinista do tren que descarrilou no lugar de Angrois o pasado mércores.
O ministro do Interior Jorge Fernández Díaz e a ministra de Fomento Ana Pastor visitaron esta mañá a curva da Grandeira, o lugar no que se produciu o accidente ferroviario o pasado 24 de xullo. Técnicos de ADIF e da RENFE indicaron que o vindeiro luns poderá restablecerse a normalidade no tráfico da estación de trens de Santiago de Compostela. 81 persoas feridas no sinistro continuan hospitalizadas, 31 delas en estado crítico.
Ministro do Interior
“O conductor do tren será posto a disposición xudicial cando as condicións clinicas o permitan” afirmou o titular de Interior quen indicou que o xuiz determinará a posible imputación do maquinista. “Estamos traballando con rigor para averiguar as causas do accidente” salientou a ministra de Fomento, lembrando tamén que a prioridade das autoridades “é atender aos familiares das vítimas e aos feridos”.