Hai moitos rurais diferentes

Hai moitos rurais diferentes
27 de Outubro, 2024 - 12:26 h. | Publicada por Radiofusión

“O baleirado do rural é un síntoma, non o problema” afirma a profesora do campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela Mar Pérez Fra.  As zonas rurais teñen normalmente densidades de poboación baixas. Hai outras zonas na periferia das cidades, con densidades de poboación altas pero onde a xente vive de costas aos usos agrarios e forestais. Para Mar Pérez, unha das ferramentas do desenvolvemento reside nos montes comunais. O rural é o oitenta por cento do territorio galego, pero reside nel só un 26% da poboación.

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aquí o pódcast "Empeza por ti":
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/011124EMPEZA.mp3

Negueira na zona da Fonsagrada

Conscientes da súa importancia para a nosa saúde, prestámoslle cada vez máis atención e demandamos alimentos saudables. Non obstante, adoitamos ignorar o ecosistema que produce os alimentos de igual xeito que ignoramos que formamos parte dese mesmo ecosistema. A produción dos nosos alimentos non é inocua para o territorio: conforma paisaxes, afecta a procesos de regulación eco-sistémica e mesmo crea culturas. Cada unha das nosas decisións de compra no mercado é un voto por un modelo de produción, e ese modelo de produción conforma o mundo en que vivimos, o territorio que habitamos e que habitarán os nosos fillos e fillas. Sobre eses temas falamos con Mar Pérez Fra, do Departamento de Economía Aplicada no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela que conta cunha ampla traxectoria no deseño, desenvolvemento e avaliación de políticas de desenvolvemento rural. Empeza por ti, é un programa de Emisoras Municipais Galegas, realizado coa colaboración da Deputación de A Coruña.

 

Na imaxe, vides en Negueira na comarca da Fonsagrada

Sociedade

Publica o teu comentario agora