"Hai proxectos eólicos ilegais"

"Hai proxectos eólicos ilegais"
08 de Maio, 2021 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

Algúns proxectos eólicos son ilegais, inviábeis e insostíbeis, afirma o avogado Xoán Antón Pérez Lema. Se iso non se amaña, farase imposíbel a vida nas aldeas da contorna e fará inviábeis explotacións agro-gandeiras. Galicia exporta o terzo da enerxía eléctrica que produce e non pode beneficiar ás empresas e á cidadanía cunha tarifa eléctrica que compense os custes ambientais e sociais. 

ESCOITA O PODCAST:
Artefactos eólicos na Serra da Capelada. Cedeira

Como é posible que diante do anunciado “boom eólico” as administracións permitan o peche da fábrica de pas eólicas das Somozas e o despido de máis de 200 persoas?. As modificacións normativas aprobadas por Mariano Rajoy permiten disociar a concesión de parques eólicos das compensacións ás zonas afectadas polo impacto paisaxístico. Iso non o resolveu o actual goberno, segundo apunta o avogado Xoán Antón Pérez Lema. Galicia xa produce moita enerxía eólica, e se hai que incrementala debe recibir compensación a través dunha redución da tarifa eléctrica para favorecer a re-industrialización. Ten que haber compensación aos Concellos e aos propietarios dos montes, pero unha compensación xusta non a miseria que se están presentando na actualidade. A produción eólica é necesaria, pero, por exemplo, As torres para os muíños para a terra e para o mar deben facerse en Galicia. Se non se contemplan compensacións adecuadas, pode xerarse un escenario de conflito social inédito. opina Pérez-Lema. 
 

Institucional

Publica o teu comentario agora