Hai que cumprir a lei

Hai que cumprir a lei
14 de Setembro, 2021 - 12:23 h. | Publicada por Radio Fene

A Lei de Memoria Histórica obriga á retirada dos símbolos franquistas dos espazos públicos. O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade en 2016 unha declaración institucional de condena do golpe de estado de 1936, o réxime ditatorial e os crimes e represións exercidas sobre as persas vencidas. Esa declaración falaba de eliminar os símbolos, as denominacións e as referencias franquistas de rúas e edificios públicos. A pesar diso, na comarca de Ferrol continúan visíbeis por exemplos placas en honor do xeneral Mola ou do aviador Franco, significados por participar na rebelión de 1936. 

ESCOITA O PODCAST:
Manuel Monge con Eliseo Fernández presentando "Os restos do franquismo"

Manuel Monge puxo como exemplo o traballo realizado pola Deputación de Badaxoz. Encargou un inventario de símbolos franquistas. Detectaron máis de 300 e logo enviou unha comunicación aos alcaldes indicandolles que debían retirar eses símbolos no prazo de tres meses. En caso contrario deixarían de recibir axudas económicas do organismo provincial. Hai máis de 650 símbolos, distincións e restos da ditadura franquista en Galicia. É hora de que se tome isto en serio. Todos os partidos deben facer unha autocrítica, segundo Monge. A existencia de rúas e simboloxía relacionadas co franquismo, despois de 44 anos de democracia, é unha vergoña. A súa eliminación é unha cuestión de vontade política de cumprimento da vixente Lei de Memoria Histórica.
 

Institucional

Publica o teu comentario agora