Hai que reparar o bólido

Hai que reparar o bólido
09 de Decembro, 2024 - 11:30 h. | Publicada por Radio Fene

Primeira Galicia de fútbol. Orillamar 6-0 Maniños. O Maniños continua na primeira posición da táboa a pesar do traspés de onte domingo. Severa derrota en San Pedro de Visma. O bólido do Maniños avariouse algo nestas dúas últimas xornadas. Pasoulle factura o calendario, con tres partidos en sete dias. O mércores o equipo do Pote eliminou ao Valdoviño e pasou á seguinte eliminatoria na copa da ría.

ESCOITA O PODCAST:

O adestrador do Maniños Adrián Martinez reflexiona sobre o que hai que mellorar:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/091224MARTINEZ.mp3

Fotografía Xan Xe

 

O partido comezou igualado pero eles meteron o 1-0 dun tiro desde fora da área, segundo explica o adestrador do Maniños Adrián Martinez. No descanso o míster reclamou máis garra, pero o plan non resultou.

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora