Hai que tomalo con humor

Hai que tomalo con humor
29 de Xuño, 2026 - 02:52 h. | Publicada por Radio Fene

O futuro da banda deseñada galega dáse cita esta tarde en Fene. No Museo do Humor Xaquín Marín entréganse os premios do Cuarto Concurso de Banda Deseñada de Humor Demo Pequeno, coa asistencia da alcaldesa de Fene, Sandra Permui, e o concelleiro de Cultura, Justo Ardá. Un tema do que falamos coa responsable do centro cultural, Almudena Marcos.

ESCOITA O PODCAST:

O cambio climático é motivo constante de queixa, pero tamén se pode tratar con humor. Demostrouno a rapazada participante nesta edición do Concurso de BD de Humor Demo Pequeno convodado polo Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial. Foron máis de cen os traballos presentados ao certame e había máis, pero, lamentablemente, non cumprían o prazo da convocatoria, segundo contou en Radio Fene Almudena Marcos. 

Na categoría infantil as gañadoras nesta edición foron Inés Bravo Rodríguez, Primeiro Premio, e Enma Rodríguez Grueiro, Segundo Premio. E na categoría xuvenil fíxose co Primeiro Premio Diego Noguerol Feijóo e Carlota Arias Busto gañou o Segundo Premio. Ademais, nesta categoría o xurado concedeu dúas mencións de honra a Paula Pérez Díaz e Valeria Rodríguez García.

Esta tarde, ás cinco, será a entrega de galardóns e a apertura da exposición das mellores historietas desta convocatoria. Poderanse visitar desde hoxe e durante todo o mes de xullo, segundo anunciou a responsable do Museo do Humor Xaquín Marín.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora