Hai razóns para a esperanza, afirma Antón Louro

Hai razóns para a esperanza, afirma Antón Louro

09 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

"Hai razóns para a esperanza e a tranquilidade" manifestou esta mañá o delegado do Goberno en Galicia Antón Louro, nunha entrevista en Radio Negreira. O representante gubernativo reclamou dos partidos políticos e dos medios de comunicación, "prudencia e cautela", tendo en conta que están en marcha negociacións entre o armador do atuneiro Alakrana e os secuestradores da tripulación e do buque.

O presidente do Executivo español, José Luis Rodríguez Zapatero , asegurou hoxe que o Goberno «sabe o que fai» ante o secuestro do atuneiro Alakrana e «entende que a situación pode estar canalizada», pero pediu apoio e prudencia aos partidos e aos medios de comunicación.En rolda de prensa en Sopot tras participar en VINA cume hispano-polaca, Zapatero non quixo comentar as negociacións nin a hipotética extradición a Somalia dos piratas que están detidos en España, pero garantiu que todos os medios xurídicos, diplomáticos e políticos do Executivo traballan «para que isto termine ben». Neste contexto, apostou por ser cauto, pediu «comprensión» ás familias e instou aos medios a actuar con «prudencia e discreción», xa que cada palabra que se di en España é escoitada inmediatamente polos piratas que teñen secuestrada á tripulación e convértese nun elemento da negociación.

Horas antes, o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño explicou aos xornalistas que existe convenio de extradición con Somalia e que se estuda o modo de encaixar xuridicamente unha hipotética entrega dos piratas, condición dos secuestradores do Alakrana para a liberación da tripulación. O que si está claro, subliñou, é que os detidos deben ser xulgados e que o hipotético convenio debe cumprir con todos os requisitos do Estado de dereito, co que se os piratas son enviados a Somalia os xuíces españois deberían estar en condicións de supervisar o xuízo que se celebre nese país.

Sociedade