ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Rachamos co tabú que rodea ao suicidio esta semana no espazo Vilanova de Radio Fene co psicólogo José Barcia Tuccelli. O teléfono gratuíto 024 dá atención ás persoas con pensamentos suicidas.

“Hai saída, é un estado transitorio que se pode atender, sempre que se pida axuda”. Mensaxe esperanzadora para as persoas que teñen ideas suicidas do psicólogo José Barcia Tuccelli.Falase pouco do tema aínda que son moitas as persoas que se quitan a vida. Mentres se desenvolven campañas para previr os accidentes de tráfico pouco se fai na prevención da conduta suicida e iso que son máis persoas mortas por esta causa en España que por sinistros de tráfico. En Galicia o ano pasado rexistráronse 295 suicidios, o país mantense entre as áreas con maior incidencia de España en función da poboación. O psicólogo José Barcia Tuccelli di que para atallar o tema hai que ser quen de falar del, evitando o morbo. Lembrou mandou unha mensaxe esperanzadora ás persoas que teñen ideas suicidas.
Publica o teu comentario agora