ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Neste primeiro episodio de “De puño y letra” coñeceremos o llibro de Txell Feixas Torras, “Mujeres Valientes”.

Neste lugar do mundo, nesa rexión que percorre de Oriente Medio a Afganistán, hai unha revolución en marcha. É a revolución das mulleres. Unha loita sen cuartel nin final contra o patriarcado que domina a política, a cultura e a sociedade. Ás veces, esa loita é pola mera supervivencia. Outras, unha loita consciente e organizada por defender dereitos que se lles negan de forma reiterada. O dereito ao aborto, o dereito a unha educación, o dereito a un traballo digno. O dereito a existir libremente.
Txell Feixas, correspondente en Oriente Medio, relátanos neste emocionante libro as historias de trece mulleres anónimas e valentes cuxas experiencias conmoven, empoderan e explican mellor que ninguén a realidade do que implica ser hoxe muller no mundo árabe.
Publica o teu comentario agora