A hilarante posta en escea de La venganza de Don Mendo por Melandrainas teatro

A hilarante posta en escea de La venganza de Don Mendo por Melandrainas teatro

23 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A posibilidade de reírse a gargalladas. Melandrainas Teatro de Arteixo porá en escena un clásico do andaluz Pedro Muñoz Seca, La venganza de don Mendo. Unha hilarante comedia ambientada na España medieval, que permite facer un rápido percorrido por casi todos os metros e formas estróficas da poesía castelán. A representación terá lugar no Centro Cívico de Caranza o vindeiro domingo 25 de outubro dentro do ciclo "Domingo

A orixinalidade desta función radica en que se trata dunha peza escrita en verso cun sinfín de xogos de palabras e de chistes, cos que deseguro que poucos espectadores serán capaces de conter a risa. Unha reducción ao absurdo dos elementos propios do drama histórico con fins paródicos, na que se unen elementos detonantes do pasado e do presente en obvios anacronismos. Amais persoaxes medievais moveranse nun mundo dominado pola moral utilitaria do tempo de Muñoz Seca.

A cita con La venganza de Don Mendo a cargo da compañía Melandrainas Teatro, o domingo ás sete da tarde no Centro Cívico de Caranza. A Entrada é gratuíta.

Cultura