ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“O SERGAS vén de aplicar unha actualización do programa de citación XIDE. Con dita actualización o que pretende é que o persoal administrativo de atención primaria, para dar unha cita, utilice, si ou si, dito programa, en vez de seguilo a facer co programa anterior”, denuncian dende CIG logo de anunciar unha concentración para o 18 de abril.
“Dende CIG denunciamos en numerosas ocasións que así estase a vulnerar a confidencialidade do/a paciente, xa que, a primeira pregunta a plantexar é: “Que lle sucede?” E isto hai que preguntarllo á doente nun mostrador abarrotado de xente, onde todo o mundo pode escoitar”. CIG-Saúde convoca unha concentración o martes 18 de abril diante do Ambulatorio Fontenla Maristany ás 19:00 horas contra a deshumanización da atención primaria e baixo o lema “Máis persoal en Atención Primaria!! Menos brecha dixital!! Queremos respetar a intimidade das/os doentes sen facer trampas!!”
Publica o teu comentario agora