ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Liga Santaballesa saltará ao terreo audiovisual. A produtora lucense Imagina e a Escola de Imaxe e Son de Lugo gravaran unha curtametraxe documental para amosar a relación desta institución chairega coa emigración e a educación durante principios do século XX. As cámaras botarán a rodar a partir do día 7 de decembro e rematarán o 12 do mesmo mes. No filme recrearanse diferentes escenas que tiveron lugar nesta zona chairega, documentadas
As localizacións elixidas situánse na propia escola santaballesa, así como os seus exteriores. A única secuencia fóra da parroquia vilalbesa será a que dea apertura á curto, que terá lugar no entorno do río Magdalena, en Vilalba.
O elenco de personaxes podería chegar a superar as 70 persoas, e serán os propios veciños os que recorden aos seus familiares, xa que os santaballeses porán cara e corpo ao mestre, ao cura, ao presidente da Liga, así como aos alumnos e alumnas, indianos, emigrantes e familias que viviron naquel tempo coñecido como a Belle Epoque.
En total serán 18 secuencias que correrán a cargo do director Daniel Vázquez Vila, quen estará apoiado nas tarefas de dirección por Jaime Pardo Valdés e na produción por Begoña Pérez e Pablo Ojea.
A rodaxe está prevista, unha vez finalizadas as probas de vestiario e reparto de papeis, para o martes 7 de decembro. Serían 4 días de traballo, xa que ademais do mesmo 7 tamén se filmaría o 8, 11 e 12 dese mes, aínda que podería estenderse mais en función das condicións do tempo e da luz.