ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Hércules de Ediciones reuniu a historiadores, investigadores, literatos, cronistas e confrades cun mesmo obxectivo: recoller por escrito a historia e as particularidades da Semana Santa en Galicia. O resultado plasmouse en máis dun milleiro de páxinas, das cales 150 corresponden ás celebracións da cidade de Ferrol.
“A Semana Santa en Galicia é aínda unha gran descoñecida”, asegura o presidente de Hércules de Ediciones, Francisco Rodríguez Iglesias. Co obxectivo de reverter esta situación, a editorial vén de sacar do prelo tres volumes que recollen datos, anécdotas e fotografías arredor da conmemoración da Paixón na nosa comunidade.
Ocupan lugar de privilexio nesta obra as dúas celebracións de máis sona en Galicia, as de Ferrol e Viveiro, pero hai oco tamén para outras 13 localidades con tradición relixiosa. De feito, a Semana Santa en Galicia, fronte a doutras comunidades, caracterízase pola enorme diversidade. Algunhas citas, como a de Baiona que data do 1574, destacan pola súa antigüidade; outras, caso da representación humana da Paradela, chaman a atención pola súa orixinalidade; e tamén as hai que salientan pola mitoloxía asociada, como demostran as lendas do Santuario Das Hermidas.
O proxecto de Hércules de Ediciones, titulado “A Semana Santa en Galicia” pretende dar conta de todas estas particularidades e ofrecer unha análise desde catro puntos de vista diferentes: o relixioso, o antropolóxico, o artístico e o económico.