Historias contadas

Historias contadas
15 de Novembro, 2022 - 01:06 h. | Publicada por Radio Fene

Os podcast abren novas portas á literatura. “Paréceme unha marabilla. Un novo xeito de chegar a novos públicos, ao mellor espertas interese a quen non hábito de ler. Tamén é unha maneira de meterte máis na historia, empregamos máis sentidos e potenciamos máis a imaxinación”. Así opina Jesús López-Peláez, xornalista valenciano promotor, coa súa parella Eva, do podcast El atrapacuentos, que interveu esta mañá no programa A Fenestra, de Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

“A escrita potencia a imaxinación ata certo límite, pero o son é capaz de espertar máis emocións, co xeito de narrar, as ambientacións, a música..” engade. “Son relatos, ficcións sonoras coas que buscamos reflexionar sobre unha temática concreta. Eva encárgase das ilustracións. Buscamos que o ouvinte reflexione, de xeito pausado, porque son historias suxerentes, de crítica social. A última que fixemos é sobre persoas que coidan a enfermos de Alzhéimer, así que non é algo que poidas ter como son de fondo tes que escoitar prestando atención”, explica sobre El Atrapacuentos. Neste podcast colaboran actores e actrices de dobraxe, cómicos e músicos e está accesible nas distintas plataformas.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora