Historias de emigracións

Historias de emigracións

18 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O proxecto Ciconi@ do IES A Cachada de Boiro foi premiado o pasado luns 17 de outubro polo conxunto das pezas audiovisuais presentadas ao 16 Festival de Cine Internacional de Ourense. Ciconi@ desenvolveuse durante o pasado curso escolar e nel o alumnado investigou o tema das migracións. O xurado valorou moi positivamente o xeito no que os valores democráticos e humanos foron tratados nestes traballos elaborados polo alumnado.

En Exiliados ao distrito 14, Francisco Pena, avó dunha das alumnas participantes no proxecto fálanos do exilio forzoso da súa familia en Francia nos anos 40; Testemuño de Habiba é o emotivo relato das experiencias dunha muller saharaui nos campos de refuxiados norteafricanos; finalmente, Emprendendo encontros pón imaxes ao proxecto de intercambio cultural entre o colectivo caboverdián de Burela (Lugo) e o alumnado implicado en Ciconi@. Todos estes traballos se poden ver no portal de vídeo Vimeo e serán proxectados no festival Acción, organizado polo colectivo Leña Verde de Boiro o vindeiro 5 de novembro.

http://www.ouff.org/2011/index.php/content/view/5398/379/lang,galician/

Exiliados ao distrito 14. http://vimeo.com/28049811
Testemuño de Habiba: http://vimeo.com/27900835
Emprendendo encontros: http://vimeo.com/28100670

Sociedade