Historias do deseño na Galiza

Historias do deseño na Galiza
18 de Outubro, 2018 - 10:03 h. | Publicada por Radio Fene

"Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza" de Pepe Barro. Como di o título do libro, editado por Xerais, o autor debulla cen historias moi relevantes que explican a evolución do deseño e a comunicación visual no noso país. Un convite a analisar os códigos ligados á historia da profesión en Galiza. Desde a nosa bandeira, a cuncha de vieira, a etiqueta dun viño, a fábrica de Sargadelos e así ata 100 exemplos.

ESCOITA O PODCAST:
Pepe Barro, Henrique Sanfiz, Pitusa Arias e Noli Vilariño

O eumés Pepe Barro estudou deseño en Barcelona e ten ás costas 40 anos de profesión como inventor de medios gráficos. Entre as súas actuacións máis coñecidas está a camisola da selección galega ou as musealizacións das casas de Rosalía e de Manuel Antonio. Sobre o libro Máis que ver, falaron no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, Pitusa Arias, Noli Vilariño e Henrique Sanfiz con Pepe Barro.

Cultura

Publica o teu comentario agora