ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Miriam Ferradáns, Lorena Souto, María Rosendo, Susana Sánchez Arins e Xiana Arias Rego escollerán proximamente o seu banco. Trátase dunha iniciativa pola igualdade para re-significar e ampliar o Monumento ao Camiñante Descoñecido de Barallobre. Alí hai bancos adicados a once homes e unha muller do mundo da literatura. Agora quérese equilibrar esa circunstancia homenaxeando tamén a mulleres escritoras.
Naceu en Xenebra, en Suiza. Criouse en Ourense e reside en Brión. Licenciada en Psicoloxía. Gisele Mato volve a Fene con moita alegría e con moito agradecemento. Premio Parallé en 2022 coa obra Fraxilidades. Premio Francisco Añón en 2023 coa obra Artefactos. Gañou en xaneiro deste ano o premio Lueiro Rei de poesía. Presentou neste mes de novembro o libro “Habitar as fendas” de Edicións Xerais. O Parallé foi unha sorpresa, segundo Gisele Mato.
O Concello de Fene adicará bancos ás mulleres gañadoras do Premio de Poesía Pérez Parallé nos últimos anos. Gisele Mato, Sara Plaza Moreno, Regina Touceda, e Marisol Gándara xa escolleron o seu banco en Limodre, Fene e San Valentín. O de Gisele Mato ubicase ao pé da Casa do Concello, o de Sara Plaza no parque da Hortiña de Limodre, o de Regina Touceda en Sillobre e o de Marisol Gándara no parque situado fronte ao local social de Limodre.
Fotografia Xan Xe
Publica o teu comentario agora