Homenaxe ao bidueiro en Magalofes

Homenaxe ao bidueiro en Magalofes

06 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Ao bidueiro gústalle o sol e a humidade. Atopamos un exemplar desa especie duns 20 metros de altura no xardín Blanco Amor, no camiño da Fontenova en Magalofes (Fene A Coruña). O bidueiro non é unha arbore moi lonxeva, pode durar uns 100 ou 150 anos. Quizais por iso non atopamos ningún exemplar en solitario desta especie, no Catálogo Galego de Arbores Senlleiras.

O bidueiro é unha especie de gran valor ecolóxico e mediciñal. A súa madeira úsase para elaborar os pratos nos que sirven o polbo nas feiras. Antes utilizábase para confeccionar as zocas.

Sociedade