Homenaxe ao deporte galego

Homenaxe ao deporte galego
10 de Setembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Unha homenaxe ao deporte galego. Niso consiste o mural que o ilustrador Carlos Sardiña está a rematar no campo de fútbol O Ramo de Barallobre. Representa a un neno e a unha nena xogando ao fútbol. O rapaz leva unha bandeira galega. No fondo do mural aparecen o pórtico de Navantia Fene, un guindastre da construción naval e o monumento ao Camiñante Descoñecido de Barallobre.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co ilustrador Carlos Sardiña sobre o mural do campo do Ramo da S.D.Barallobre:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/090925SARDINA.mp3

O campo do Ramo abrirá este domingo ás 12 da mañá, coincidindo co comezo da liga da Segunda Futgal. Ese dia o Barallobre recibe ao Mugardos B. Tamén na mesma categoría o Perlio B recibe nos Pinares ao Galicia de Caranza. Aínda está pendente de fixar a hora do partido.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora