ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Trinta membros da banda de gaitas de Ortigueira subirán mañá sábado ao escenario da sociedade Agarimo de Sillobre. Airiños de Fene rinde homenaxe na Xuntanza de Gaiteiros 2022 ao festival do mundo celta de Ortigueira, un dos eventos de música folc máis importantes de Europa.
O presidente de Airiños de Fene Valentín García Modrón falounos do programa previsto para esta edición da Xuntanza de Gaiteiros 2022. Ademais da Xunta, a banda de gaitas realiza neste curso ofertas de obradoiros de música tradicional ás sociedades e aos colexios.
Na imaxe, cartaz do Festival do Mundo Celta de Ortigueira en 2018, cando participou a banda de gaitas Airiños de Fene no escenario central.
Publica o teu comentario agora