Homenaxe aos fuxidos e represaliados

Homenaxe aos fuxidos e represaliados

04 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O historiador e escritor Luís Lamela García presentará o seu novo libro “Escapado” o vindeiro mércores, día 9, na Biblioteca da Poesía “Uxío Novoneyra” de Culleredo. A obra é unha grande homenaxe aos fuxidos, presos e represaliados galegos nos anos oscuros da guerra do franquismo. Luís Lamela narra neste libro ás peripecias e a grande epopeya dos loitadores galegos nunha viaxe  que vai dende o monte Pindo a

 “Escapado” é un libro de recuperación da memoria histórica. Narra as peripecias de Teófilo Caamaño, “O Cantolo”, un dos personaxes históricos que abordara no seu libro “Crónica de una represión en la Costa da Morte”.

O autor estará acompañado na súa presentación polo director de edicións Xerais, Manuel Bragado, o historiador Carlos Pereira Martinez e o concelleiro de Cultura, Celestino Poza. O acto quere ser un recoñecemento, por parte da concellería de cultura, á adicación e ao traballo desenvolvido polo autor na recuperacionda nosa memoria histórica.

Luís Lamela ten xa participado como historiador nalgunhas edicións do Seminario de Historia de Culleredo. Nado en Corcubión no ano 1945, mariño e banqueiro de profesión, na actualidade adica o seu tempo á investigación histórica e a colaborar en moitas iniciativas de recuperación da historia pasada. Traballou como experto na comisión creada polo concello de A Coruña para o estudo dos cambios de rúas en aplicación da Lei de Memoria histórica. Autor de numerosas obras entre as que salientan “Foucellas: el riguroso relato de una lucha antifranquista”, “Estampas de injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión” e “A represión da masoneria viguesa” entre outros.

Por outra banda, o Programa Ecociencia-Cullerxogo, que organiza a concellería de Cultura do concello de Culleredo dentro da Programación das Escolas Culturais Municipais, adicará as actividades lúdicas deste mes de decembro ao Nadal. Dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos os talleres desenvólvense os sábados de once a unha e media na Aula da Natureza do Xardín Botánico “Ría do Burgo”. O obxectivo e dinamizar as mañás dos sábados por unha banda e, por outra, dar a coñecer o medio ambiente potenciando valores éticos que favorezan as condicións de vida e conciezen aos nenos sobre o seu entorno global.

Tamén no día de onte, o escultor Francisco Escudero Carril inaugurou, na Galería do Muiño de Acea de Ama de Culleredo, a exposición de esculturas que leva por título “Matices del Claroscuro”. A mostra permanecerá aberta ata o vindeiro día 3 de xaneiro. Na Sala Coarte de A Coruña pódese visitar a exposición de pintura de García Rey.

Dende hoxe e ata o vindeiro día 5 de xaneiro, no Hotel Hesperia de A Coruña, está aberta a II Feira da Arte Galega, que acolle tódolos estilos e tendencias de máis de 44 artístas e 2.000 obras de arte.
O día 9 de decembro, na galería “Primeira Planta” da rúa Real de A Coruña, ábrese ás oito e media da tarde a exposición de Ricardo Rilo “En el Camino”.

E continuando con exposicións o vindeiro xoves día 10, o pintor Jano Muñoz, inaugura a mostra “Diez momentos de mi vida y un gallina desesperada”. A cita será na galería de arte Moret Art.

Cultura