ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Homenaxe a Chompi este sábado en Barallobre. A Sociedade Barallobre organiza un torneo triangular de agradecimiento pola súa colaboración co clube. A xornada comezará ás 12,30 do mediodia no Camiñante coa presentación da publicación sobre os “90 anos do Monumento ao Camiñante Descoñecido”. As seis da tarde comezará o triangular trofeo Mesón O campo co Narón e o Cebarca, no campo do Ramo.
No acto de pola mañá interpretará unha canción Eva Sardiña. Logo intervirán representantes da S.D.Barallobre, Liga de Amigos, Radio Fene e do Concello de Fene. O monumento ten un valor singular polo seu carácter cultural e humanístico. Tamén ten un valor común, por inscribir Barallobre no contexto galego e europeo. A publicación quere rescatar a memoria de Manuel de Pedre, mestre en Barallobre entre 1928 e 1936 e integrante da comisión pro-monumento. Inaugurouse o 1 de xullo de 1934 cun acto no que falaron Rof Codina, Villar Ponte, Manuel Insua e Ramón Otero Pedrayo.
Na imaxe o Monumento ao Camiñante Descoñecido na súa ubicación orixinal diante da estación do tren de Barallobre.
(Arquivo Jorge Gómez)
Publica o teu comentario agora