Homenaxe de Ares aos benxamíns campións da liga

Homenaxe de Ares aos benxamíns campións da liga

23 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

Os nenos do equipo Benxamín do Numancia, flamantes vencedores da Liga, do campeonato Comarcal e subcampeóns de Copa da Delegación Ferrolá de Fútbol recibiron esta mañá unha homenaxe da corporación municipal; nun acto que se desenvolveu no salón de plenos e contou coa presenza de parte dos integrantes da corporación local así como do equipo, adestradores, nais e pais dos nenos e membros da xunta directiva do clube de fú

Antes da entrega de agasallos, o alcalde dirixiuse aos rapaces para comunicarlles o “orgullo” de todo Ares, e nomeadamente esta corporación, polo excelente resultado deportivo acadado neste caso polos nenos da categoría Benxamín do Numancia. Neste sentido o alcalde manifestou que “os éxitos enorgullecen, pero non hai dúbida de que o máis importante é o esforzo e o traballo, gañando ou perdendo”. Ademais, o rexedor quixo destacar o importante traballo levado a cabo polo Clube, que cada ano recibe algún título nalgún dos seus equipos das diferentes categorías dando as “gracias por levar o nome do noso pobo tan alto” e, en xeral, subliñou o elevado nivel que en Ares acadan os deportistas.

Precisamente para fomentar o deporte, facendo un especial fincapé nas categorías de base, o goberno local acometeu importantes actuacións tanto en infraestruturas como en equipamentos. A cidade deportiva de Pedrós, as gradas do campo de fútbol de Prados Vellos, as melloras no pavillón municipal ou os investimentos para a adquisixción de novas embarcacións para o club de Remo son algún dos moitos exemplos deste esforzo e interese que caracteriza aos actuais responsables municipais.

Sociedade