Homenaxe de Ferrol o 8M

Homenaxe de Ferrol o 8M
03 de Marzo, 2021 - 01:35 h. | Publicada por Radio Fene

Ferrol homenaxea ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar no 8M, polo importante traballo despregado durante a pandemia.

Ferrol prepara a XIII Gala 8M Dia Internacional da Muller. O domingo 7 de marzo ás 18.00h entregarase no Teatro Xofre o Galardón 8M ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) coa actuación do grupo Maina Materia. Poderá seguirse en streaming a través da ligazón: https://bit.ly/3kxqBn4

Antes desa data a axenda cultural ferrolá tráenos o xoves 4 de marzo “Furia necesaria” de Aldaolado, na Capela do Torrente Ballester, ás 20.00h. Trátase dun espectáculo de narrativa e música máis poesía, para contar historias amenas destas dúas poetisas.

O venres 5 de marzo ás 20.00h chega ao teatro de Ferrol “Memoria da melancolía” de Samuel Diz; un espactáculo musical e literario con partituras da Xeneración do 27 e  o exilio de 1939 con lecturas dramatizadas de María Teresa León, traducidas ao galego. Participarán Iolanda Castaño e Benxamín Otero.

O sabado 6 de marzo asistiremos, no Teatro Xofre ás 19.30h, á mellor tradición musical dos 50 con The Limboos, con Exotic Rhythm& Blues que trae Josele Santiago xunto co guitarrista David Krahe, os dous integrantes de “Los Enemigos”.

 

(Na imaxe o dúo Aldaolado)

Institucional

Publica o teu comentario agora