Homenaxe a Luar na Lubre

Xuntanza de Gaiteiros e Gaiteiras
14 de Novembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Son un referente, actuaron en máis de corenta países, teñen trinta cedés e un disco de ouro”. Así fala o presidente de Airiños de Fene, Valentín García, de Luar na Lubre, a gran banda galega de folk que será homenaxeada este sábado en Sillobre, na 36º Xuntanza de Gaiteiros e Gaiteiras.

ESCOITA O PODCAST:

“A alma mater de Luar na Lubre, Bieito Romero, é un gran músico e compositor deste país”, destaca o secretario de Airiños de Fene, Fernando Tomás Cunha Miñán. O mítico grupo chegará a Fene despois de actuar o venres en Madrid e antes de viaxar a Valladolid onde ten prevista actuación o domingo. A Xuntanza de Gaiteiros e Gaiteiras “xa supera a Airiños de Fene, é unha homenaxe a aqueles que están a traballar por este país, un acto de recoñecemento e tamén reivindicativo, da nosa música, baile e canto tradicional”, apunta Valentín García.  Celébrase o sábado, día 16, ás 19:30 horas, na Sociedade Agarimo de Sillobre. As entradas, catro por persoa,  entregaranse a partir das 18 horas e a apertura de portas farase unha hora despois. 

Cultura

Publica o teu comentario agora