ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Perlío rendeu tributo ao seus capitáns Miguel Gabeiras e Diego Calvo que a vindeira campaña non defenderán as cores do equipo dos Pinares. O equipo non puido brillar no seu último partido da Primeira Futgal como local ante o Cedeira. Perlío 1 Cedeira 3. Malia adiantarse Martín Romera no minuto 16, os visitantes remontaron antes do descanso e sentenciaron na segunda metade. O técnico Jesús Peña destacou a igualdade do choque, marcado polas baixas e a falta de obxectivos clasificatorios.

O Perlío pechará o curso ante o campión, o Carral, a domicilio tras acadar unha salvación folgada.
Imaxe de Diego Calvo e Miguel Gabeiras:
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora