ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Tres corais actuan no Festival de Música Sacra de Pontedeume, auspiciado pola Coral Eumesa. A lembranza de Ramiro Fonte inundará a Igrexa de Santiago de Pontedeume nesta edición. Cantarán poemas do poeta eumés musicadas por Miguel Brotóns e Xosé Paz.
A lembranza do poeta eumés Ramiro Fonte estará presente na igrexa de Santiago de Pontedeume que acolle este sabado ás 9 da noite o Festival de Musica Sacra, organizado pola Coral Eumesa. O seu director, Xosé Paz, alude ao recente pasamento de Ramiro Fonte e á amizade que os unía como razóns fundamentais para rendirlle homenaxe nesta edición.
No festival actuarán amais da Eumesa, as Corais de Mugardos e a de Valga- Pontevedra. “Pontedeume, un cantar que chove” musicada por Miguel Brotóns é unha das pezas que integrará a homenaxe a Fonte.Xosé Paz explica que interpretarán duas pezas no seu recordo, esa é unha delas, a outra, é un poema do propio Ramiro, do ano 1988 incluído no libro “Pasa un segredo” musicado polo propio Xosé Paz.
Festival de Musica Sacra en honor a Ramiro Fonte, na igrexa de Santiago de Pontedeume o sabado 4 de abril, ás 9 da noite.