ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Juan José Casal Chao, veciño de Barallobre, preso no campo de exterminio de Mauthausen durante catro anos. O IES de Fene e Radio Fene honran a súa figura como lembranza de todas as persoas asasinadas polos nazis, opositores políticos, relixiosos, xudeus, xitanos ou homosexuais.
Aqueles prisioneiros a quen os nazis xulgaban demasiado débiles ou enfermos para traballar eran separados dos demais. Asasinados na cámara de gas propia de Mauthausen, en estacións de gaseado móbiles ou no próximo centro de execución por "eutanasia" de Hartheim. Utilizaban inxeccións de fenol para matar os pacientes demasiado débiles para moverse. Tmén sometían aos prisioneiros de Mauthausen a experimentos médicos pseudocientíficos relacionados coa testosterona, infestaciones de piollos, tuberculoses e procedementos cirúrxicos.
Juan José Casal Chao morreu en 1999. Era cabo da Armada. Nos últimos anos da sua vida viviu no lugar da Bombilla, no camiño da Loira Castro en Barallobre.
Os actos de lembranza de Juan Jose Casal, “Chucho” comezarán ás 11,30 da mañá do venres dia 9 cunha ofrenda floral no cemiterio municipal de Fene. as 12,30 da maña descubrirase unha placa de lembranza no IES de Fene. Un grupo de alumnas de música do Instituto ofrecerá unha peza musical e despois o historiador Enrique Barrera ofrecerá unha charla sobre o campo de exterminio de Mauthausen.
Publica o teu comentario agora