ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A cidade de Ourense acolle desde hoxe, 6 de febreiro, os actos do Día dos Medios en Galego 2026, unha edición especialmente significativa ao coincidir co 150 aniversario da publicación de O Tío Marcos d’a Portela, primeira cabeceira periódica integramente escrita en galego.

Organizada pola Asociación de Medios en Galego (AMEGA), esta xornada consolídase como un espazo anual de encontro, reflexión e celebración colectiva arredor do papel dos medios de comunicación en galego, da súa traxectoria histórica e do seu valor estratéxico no presente e no futuro do país. A efeméride rende homenaxe á figura de Valentín Lamas Carvajal, impulsor de O Tío Marcos d’a Portela, publicación pioneira que en 1876 marcou un fito fundamental na normalización da lingua galega na prensa escrita e na creación dun espazo de opinión e identidade propia.
Mesa coloquio sobre IA, redes sociais e desinformación
O venres día 6, o Liceo de Ourense acollerá ás 18:00 horas unha mesa coloquio centrada en “Intelixencia artificial, redes sociais, alfabetización dixital e desinformación” O acto será inaugurado por Noa Rouco, concelleira de Artes e Festexos de Ourense, e por Fernando de Paz, presidente de AMEGA. No debate participarán profesionais e expertos de referencia no ámbito estatal:
Joxe Rojas, director de TIC e Comunicación de Tokikom, a rede que integra
69 medios locais en euskera
Quico Domingo Serra, socio-director de Sorensen AI e representante de
AMIC, entidade que agrupa 600 medios cataláns
Ferran Pedrix, director de Sistemas e I+D+I en Diari Segre Comarcal e
vicepresidente da Asociación Catalá da Prensa Comarcal
Paulo Gamallo, catedrático da USC e investigador do proxecto Nós, iniciativa
clave para o desenvolvemento de recursos de intelixencia artificial en galego
Iván Iglesias, director de OUKE!, produtora audiovisual especializada en
contidos para redes sociais
Rebeca Munín, directora da revista Pincha e vicepresidenta de AMEGA
Foliada na Praza de San Martiño (coorganizado co Concello de Ourense)
A celebración continuará ás 21:00 horas cunha gran foliada na Praza de San Martiño, que reunirá a destacadas agrupacións da música tradicional ourensá Participarán:
A Galleira, asociación cultural comprometida coa lingua, a cultura e a música
tradicional, que reivindica tamén o legado do barallete ourensán
Cantos da Cunha, agrupación nacida no barrio da Cuña arredor da música
popular e do espírito taberneiro
Feitizo de Pau, referente da música tradicional en San Cristovo de Cea,
centrado na recuperación de muiñeiras, xotas e cantos de taberna
Escola Provincial de Danza-Castro Floxo, grupo histórico dedicado á
investigación e difusión do folclore galego desde 1977
Coral de Ruada, fundada en 1918, unha das formacións corais máis
emblemáticas de Galicia, con ampla traxectoria internacional
Roteiro polo Ourense de Valentín Lamas Carvajal (organizado polo Consello da
Cultura Galega)
O sábado día 7 celebrarase un roteiro polo Ourense de Valentín Lamas Carvajal, con saída ás 11:00 horas desde o Cemiterio de San Francisco e percorrido por diferentes espazos emblemáticos da cidade vinculados á súa figura A actividade, organizada polo Consello da Cultura Galega, rematará cun cocido no Liceo de Ourense, amenizado pola Coral de Ruada (inscrición para o cocido, previamente no propio Liceo, no teléfono 988220650 ou no correo liceodeourense@hotmail.es)
O Día dos Medios en Galego reafirma o compromiso do sector coa lingua propia e coa comunicación de proximidade, reivindicando o legado histórico iniciado por O Tío Marcos d’a Portela e proxectándoo cara aos retos actuais do ecosistema mediático. Desde AMEGA convídase á cidadanía, ás institucións e aos profesionais do sector a participar nestes actos conmemorativos e a sumarse á celebración de 150 anos de xornalismo en galego.
Na imaxe o escritor Antón Cortizas, un dos participantes na I edición do Dia dos Medios en Galego celebrada en Barallobre (Fene) en 2018
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora