Homenaxe a Xosé Carbón Anca

Homenaxe a Xosé Carbón Anca
26 de Xullo, 2025 - 08:20 h. | Publicada por Radio Fene

O acto de memoria democrática celebrado na Escola Laica de Cabanas o xoves 24 de xullo de 2025 converteuse nunha homenaxe a Xosé Carbón Anca, memoria viva da resistencia contra a ditadura na comarca do Eume. Carbón, presente na xornada, participou no documental "Os fios da memoria", no que se relatan feitos acaecidos na zona en 1947. As famillias de Pedro Rico Rodeiro e Constantino López Marcos tamén lembraron os sucesos.

Tamén se presentou o libro de banda deseñada "A morte nas fragas" elaborado por Anxos García Fonte e Carlos Sardiña a partir da memoria oral. "É un exemplo de resistencia e responsabilidade interxeracional: falar aos novos das experiencias traumáticas para que aprendan a discernilas e evitalas" salientou García. Sardiña escolleu algunhas das viñetas do libro e explicou o proceso de elaboración das imaxes. Son Radiofusión e Emisoras Municipais Galegas defenden valores básicos como a convivencia, a tolerancia e o respecto á liberdade. 

O libro "A morte nas fragas" pódese adquirir na librería Xicos de Cabanas.

 

Seguro que che interesa
Sociedade

Publica o teu comentario agora