Honduras, a batalla pola dignidade

Honduras, a batalla pola dignidade

02 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Honduras, la batalla por la dignidad” É o titulo dun documental de Angel  Palacios que se proxecta esta tarde na biblioteca da Praza de España de Ferrol, promovido pola Asociación Fuco Buxán, ás 20 horas. Vai ser a cooperante en Honduras, a ferrolana María Castro Serantes , quen vivíu todo o proceso do golpe de estado neste país, a que presente o acto. Esta mañán falou en radiofusión do documental que califica de

O film da conta da cronoloxía do actual golpe na república centroamericana, a resistencia masiva nas ruas frente á represión. Un dos momentos máis tensos do relato é o bloqueo de rutas e do aeroporto cando o presidente de facto, Roberto Micheletti, ordeóu bloquear o regreso do presidente constitucional Manuel Zelaya. Chama a atención a cercanía da cámara que acompaña os dramáticos acontecimentos. Son notables as esceas de edificios tomados e de travesías poa selva na fronteira con Nicaragua.

Destaca o traballo sonoro e a selección musical de temas compostos contra a dictadura nestes meses.
O film retrata a escalada represiva da dictadura que vai in crescendo coa chegada clandestina do presidente Zelaya á embaixada de Brasil. Un film intenso cun final aberto. A Asociación Nacional de Medios Libres y Alternativos de Venezuela envióu a película para a III Muestra de cine documental DOCA 2009.

María Castro  traballa en cooperacion internacional en Honduras dende o ano 2007, en temas de xénero e de igualdade. A ela pillóuna o golpe por sorpresa aínda que recoñece que a situación no país estaba complicada dende meses antes. O director do documental, “Honduras, a batalla pola dignidade”, Angel   Palacios, está na actualidade rodando en Haití, as consecuencias da última catástrofe. 

Sociedade