Honestidade e cercanía

Honestidade e cercanía
28 de Abril, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

“Hai que falar con honestidade e cercanía”, defende Mari Carmen Martínez, concelleira de Benestar e voceira de Esquerda Unida no Concello de Fene, que volve encabezar a lista desta formación política para as vindeiras eleccións municipais. Conversamos con ela na Fenestra de Radio Fene

ESCOITA O PODCAST:

“Xente nova, comprometida, disposta a traballar e con ganas, que é o importante”. Así describe ás persoas que a acompañan na candidatura para as eleccións ao Concello de Fene que se celebrarán o domingo 28 de maio. “Temos xa o programa elaborado, con propostas nas distintas áreas, pero basicamente buscamos implicar á veciñanza”, adianta. Aposta pola proximidade e a cercanía coa veciñanza, que nunca substituirán as redes sociais “a xente ten que vir ao Concello, falar con nós, explicarnos as súas demandas e necesidades”. “Que a xente veña e aporte, gústanos a proximidade, o ti a ti, crear ese espazo de confianza”. E defende que o foco da campaña política debera estar centrado nos problemas e intereses dos feneses. “Vexo que a nivel político estase máis centrado nas  xerais, non vexo a garra que precisan unhas municipais. Parece que pasamos de puntillas. A min, pola cercanía, parécenme unhas eleccións moi importantes”

 

Institucional

Publica o teu comentario agora