ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O desfile e as actividades na cabria infantil serán este ano as actividades máis vistosas da Festa da Cabria. Vaise celebrar no porto de Redes o domingo 9 de agosto. O presidente da Agrupación Instrutiva de Caamouco informou da programación da Festa da Cabria e das distintas actividades que celebran estes días.

A Agrupación Instrutiva de Caamouco leva vinte anos organizando unha festa que ten a súa razón de ser na preservación da memoria da tradición mariñeira. Este ano non se fará o tradicional pendurado das redes do xeito na cabria principal porque esta estrutura de madeira precisa unha posta a punto. Contan que estea lista de novo para o ano que vén. Nesta ocasión o protagonismo principal será para nenos e nenas que lle dean continuidade á tradición mariñeira. A XX Festa da Cabria prolongarase durante todo o día. Feira de artesanía, mostra de encaixe, exhibición das redeiras de Malpica, un obradoiro infantil de peixiños, outro obradoiro de cosido de redes son algunhas das actividades previstas. Para as 13 horas está previsto o desfile e pendurado das redes na cabria pola rapazada. A xornada rematará cun concerto do grupo Encrucillada, ás 20 horas.
Outros actos
A intensa actividade organizada pola Agrupación Instrutiva de Caamouco inclúe tamén a inauguración este venres da exposición “Mirando ao mar: fros e baterías de costa” no Alboio de Areamorta. Na sede da Tenencia abrirán o domingo outra mostra, esta fotográfica, baixo o título “A mirada do home que cambiou a miña maneira de mirar”. E para o luns 3 de agosto teñen prevista a charla “Tesouros do ceo nocturno”, a cargo do físico Jorge Paz Naveiro, ás 20:30 horas.
Publica o teu comentario agora