ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Alimentación dos gatos foi o tema central esta semana no programa Radio Animal. Tamén falamos de Cabanas Can, un Encontro Canino na praia da Magdalena no que Noemí desmontou mitos sobre o comportamento canino.

Buscar trucos, usar comedeiros interactivos, ter ao gato entretido, agocharlle racións de comida en distintos lugares da casa, detrás dunha porta ou nas estruturas altas. Son ideas que lle deu a veterinaria etóloga Noemí Graña á propietaria dun gato preocupada porque o animal engorda moito. Tamén hai comedeiros automáticos, pero a Noemí gústanlle menos “porque se estresan”. De como evitar que compartan alimentación un gatiño pequeno e outro adulto explicou que o ideal sería facer unha porta gateira pola que so puidera entrar o novo para acceder á súa comida. Avisou de que non convén cambiarlle o lugar do comedeiro ao maior. En todo caso, explicou que “é preferible que o grande coma a do pequeno que ao revés”.
Publica o teu comentario agora