ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As obras nas rúas Hortelá e Peirao de Perlío teñen un razo de execución de mes e medio.
O Concello de Fene iniciou as obras de acondicionamento das rúas Peirao e Hortelá, na parroquia de Perlío. A intervención conta cun orzamento conxunto de 62.590 euros a financiar con cargo ao POS+ 2018 e un prazo de execución de 45 días. A actuación na rúa Peirao levarase a cabo nun treito de 280 metros comprendidos entre a rúa Hortelá á altura do cruce coa rúa Xunqueira ata o Hostal Allegue, namentras que na rúa Hortelá a actuación exténdese entre a rúa Peirao ata a casa reitoral de Perlío, sumando 380 metros. No primeiro caso os traballos contemplan a pavimentación e sinalización vertical e horizontal da vía. No segundo, a maiores do acondicionamento do firme, a construción de beirarrúas e novos pasos de peóns sobreelevados.
Publica o teu comentario agora