ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Houbo persoas que morreron agardando ata dez meses a que lle fose autorizado un tratamento prescrito polo médico” salienta o portavoz da Plataforma de Afectados pola Hepatite C Quique Costas. A querela contra a Xunta de Galicia recolle oito casos concretos de pacientes que faleceron tras recibir o tratamento con meses de espera.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, asegurou que "todos" os casos que se analizan xudicialmente por posibles atrasos no tratamento contra a hepatite C "foron contestados en tempo e forma" e confiou en que a causa se arquive. A querela recolle oito casos concretos de pacientes que faleceron tras recibir o tratamento con meses de espera, algúns deles mesmo antes de ter os fármacos.
O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago citou a declarar en calidade de investigados o próximo 28 de abril ao actual xerente da área sanitaria viguesa, Félix Rubial, entón director de Asistencia Sanitaria e á subdirectora de Farmacia, Carolina González-Criado.