Houbo pouco fútbol

Houbo pouco fútbol
24 de Marzo, 2026 - 02:40 h. | Publicada por Radio Fene

Fíxose longo o partido da Terceira División Galega da Liga feminina nos Pinares pola debilidade do rival, recoñece a delegada do Perlío, Conchi López. Na xornada vixésima, Perlío 3-1 Eirís B. 

ESCOITA O PODCAST:



“Houbo pouco fútbol, foi un partido bastante sinxelo contra un equipo que non deu moita batalla”. Goles de Tania, Sofía e Alba para o Perlío, que  “tivo moitísimas máis ocasións pero relaxouse ante un rival tan fácil, que non puntuou aínda no que vai da tempada”. E mentres nos Pinares vencía o Perlío, o inmediato seguidor, o Val B perdía na casa co Narón. 1-2. Bo resultado para o Perlío, aínda que para Conchi López “un empate sería mellor”.

Deportes

Publica o teu comentario agora