ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Museo Casa da Troia acolle mañá a presentación dunha nova edición en inglés da novela La Casa de la Troya. Darío Villanueva, ex reitor da Universidade de Santiago e secretario da Real Academia Española, dará a súa visión deste proxecto.
O Museo Casa da Troia acolle mañá martes, 24 de setembro, a presentación dunha nova edición en inglés da novela de Alejandro Pérez Lugín La Casa de la Troya. O profesor Darío Villanueva, ex reitor da Universidade de Santiago e actual secretario da Real Academia Española, que participa na introdución, dará a súa visión deste proxecto.
Dende a primeira edición de 1915, a obra tivo máis dun cento de tiraxes, o que a sitúa entre as obras con maior número de edicións en lingua española. Traduciuse a varios idiomas e é unha das poucas obras de éxito españolas traducida ao inglés. Esta última edición en lingua inglesa "The House of Troy" iniciativa da editorial galega Camiño do Faro, é unha revisión doutra realizada en Boston en 1922.
No acto intervirán ademais Matías Membiela e Lucindo Javier Membiela, da editorial Camiño do Faro; o xornalista Albino Malloe Benigno Amor, presidente da Asociación de Antigos Tunos Composteláns, entidade que xestiona o museo.