Hoxe remata o prazo de inscrición no Duatlón Cross Vila de Allariz 2010

Hoxe remata o prazo de inscrición no Duatlón Cross Vila de Allariz 2010

13 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O Concello de Allariz, a través da Concellería de Deportes, e coa colaboración da Federación Galega de Triatlón, organiza o Duatlon Cross Vila de Allariz 2010, unha proba que terá lugar o vindeiro 18 de abril e que puntuará para o campionato galego. O evento deportivo comezará na Cidade Deportiva do Seixo a partir das

Todos aqueles deportistas que desexen participar nesta proba deportiva deberán inscribirse na Federación Galega de Triatlón os días 12 e 13 de abril. Todos/as aqueles que non dispoñan de licencia da Federación, deberán abonar a licencia por un día para participar nesta proba.

Os interesados/as poden solicitar máis información na piscina municipal de Allariz no teléfono 988442083 ou a través do correo electrónico piscina@allariz.com.

Deportes