Hoxe xa non se lembra o trauma

Hoxe xa non se lembra o trauma
05 de Xaneiro, 2024 - 08:54 h. | Publicada por Radio Lugo

A novela “Ninguén queda” de Brais Lamela afonda na realidade que significou a apertura dun plan de colonización da Terra Chá con persoas arrincadas da súa contorna. O asolagamento das terras en Grandas de Salime provocou o despoboamento de lugares como Negueira de Muñiz. As autoridades desprazaron á  veciñanza a novos poboados. Moita xente crítica co proceso de construción dos encoros e de colonización de novos lugares, agora xa non está. Hoxe xa non se lembra o trauma que creou aquel desprazamento, afirma Brais Lamela.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

Lúcido exercicio arqueolóxico sobre a pesquisa nas ruínas da memoria. “Ninguén queda” de Brais Lamela. Publicado por Euseino editores na colección Rúa do lagarto. Ana Varela, Rafael Catoira, Antonio Tizón e Henrique Sanfiz conversaron con Brais Lamela no Club de lectura de Radio Fene Radiofusión

 

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora