HUM de Massimo Bartolini, no Marco de Vigo ata o 19 de maio

HUM de Massimo Bartolini, no Marco de Vigo ata o 19 de maio

04 de Marzo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

HUM, de Massimo Bartolini (Cecina, Italia, 1962) é unha mostra comisariada por Anna Cestelli Guidi e producida pola Fondazione Musica per Roma, no contexto dun programa expositivo dedicado á arte sonora. A exposición de Bartolini rende homenaxe ao músico canadense Glenn Gould (1932-1982), e inclúe dúas instalacións sonoras —HUM, e Singing North— construídas a partir de dúas pezas de Gould: as vogalizacións ou tarareos [h

No caso de Vigo, a mostra inclúe un novo traballo realizado especificamente para o MARCO: a performance Lettura, que consiste na lectura en voz alta da famosa novela El malogrado, que Thomas Bernhard dedicou a Gould tras a súa morte. O conxunto complétase con Phonology of noise: the voice as sound object, retransmisión dende a web de Radical Matters - Editions/Label series, dunha selección de obras de artistas que experimentaron coa voz dende finais dos anos setenta.

“O son ten xogado sempre un importante papel no traballo de Máximo Bartolini, que na exposición HUM rende homenaxe a unha das personalidades máis xeniais e visionarias do século XX: Glenn Gould.

Non obstante, non é tanto a figura do Gould músico a que interesa a Bartolini, como a do artista inconformista, a do home que abandonou unha carreira fulgurante no momento do seu máximo esplendor, illándose totalmente no gran Norte e ‘comunicándose co mundo só a través do estudio de gravación’. Esta foi a forma elixida por Gould para levar a cabo unha rigorosa investigación teórica e especulativa centrada na non-presenza, na transmisión do pensamento como pura voz, mediante a experimentación coas posibilidades que ofrecían os novos medios electrónicos, dende a técnica da montaxe ata a gravación de transmisións radiofónicas.

Os novos procesos tecnolóxicos do estudio de gravación permitiron ao visionario artista canadense facer realidade ese ‘abrazo global máis alá do tempo e do espazo’ do que falaba o seu amigo Marshall McLuhan nun ensaio pioneiro sobre os novos medios electrónicos —Understanding Media: the Extensions of Man— publicado en 1964, o mesmo ano en que Gould deixou os escenarios. Ao mesmo tempo, a tecnoloxía permitiulle levar á práctica a ‘morte do autor’ dos teóricos post-estruturalistas franceses neses mesmos anos, e ‘liberar’ —en palabras de Roland Barthes— o texto/obra da súa asociación tradicional co autor/artista, buscando o seu sentido último no destinatario; noutras palabras: no lector, no oínte.

Nesta exposición, as dúas instalacións de Massimo Bartolini están dedicadas á ‘historia de amor co micrófono’ —tal como foi definida recentemente— de Gould, pero máis en xeral á idea de gravación como presenza e como comunicación a distancia ao mesmo tempo. Están construídas en torno ao poder evocador e suxestivo da voz do músico canadense na segunda gravación das Variacións Goldberg, e no texto radiofónico The Idea of North.

Sociedade